Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2021

DEREITOS HUMANOS

Imaxe
 No curso 2017-2018 os alumnos de valores éticos elaboraron debuxos para ilustrar os distintos dereitos humanos e logo distribuiron polo centro os seus deseños ENLACE ÁS FOTOS

Mascarillas e dereitos humanos

Imaxe
 Os alumnos de valores de 3º e 4º ilustraron mascarillas cos 15 primeiros dereitos humanos ENLACE ÁS FOTOS

Programa Quérote+

Imaxe
O alumnado de 3º de ESO do ano 2017 elaborou este vídeo que lles serviu para explicar ao alumnado de 2º o que aprenderon durante a súa participación no Programa Quérote do Plan Proxecta. ENLACE AO VÍDEO

25N - Día Internacional contra a violencia de xénero

Imaxe
Conmemoramos este día con dous lemas " Que o silencio non sexa cómplice " e " Entre tod@s imos silenciar o ruido machista " colocando imaxes de onomatopeias que representan o ruido machista e na biblioteca colgáronse diferentes bocadillos de cómic con frases de mulleres. Tamén estreamos un vídeo gravado no curso pasado sobre as violencias ENLACE AO INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

25 N 2019 Alfoz Valadouro

Imaxe
O 25 de novembro conmemoramos no noso centro o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero . Todos xuntos participamos nun acto no que lembramos a cada unha das 52 vítimas deste tipo de violencia no que vai de ano en España. Podedes ver o vídeo no que se recolle o que fixemos; unha gravación realmente emotiva.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O 25N, día en contra da violencia de xénero, o alumnado do centro respondeu á pregunta  "que é a violencia de xénero para ti?"  e, coas súas respostas, elaborouse o lazo representativo desta loita ENLACE AO VÍDEO

Violencia de xénero

Imaxe
 O 25 de novembro celebrouse o  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller  e todos os rapaces e rapazas participaron en varias actividades. Colocáronse "zapatos baleiros" lembrando as vítimas da violencia machista, os de 1º de ESO fixeron voar os papaventos morados e laranxas que elaboraran na asignatura de Educación Plástica e Visual e por último gravouse un " mannequin challenge". ENLACE Á ACTIVIDADE CON PAPAVENTOS

Xuizo ao tabaco

Imaxe
Obra de teatro realizada polo alumnado de 1º da ESO para o proxecto de CLASES SEN FUME.

O MUNDO QUE QUEREMOS

Imaxe
  O alumnado de 4º de ESO da materia de Ética  participou na edición de  O Mundo que Queremos  que é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto preténdese explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos oito  Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio  que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Ao noso centro tocoulle traballar no ODM 4 que é o de reducir a mortalidade infantil Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades galegas e do Sur culminou na visita aos institutos de persoas dos países do Sur vinculadas á proxectos de coopera

Rap contra o racismo

Imaxe
Aquí tedes a versión en galego do rap contra o racismo realiza polos alumnos do noso instituto