Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta 25n

25 N DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
  Co gallo do 25N, o alumnado e profesorado do IES Alfoz – Valadouro organizamos, xunto co colexio de Alfoz, un acto commemorativo en contra da violencia de xénero. Consistiu nunha andaina desde o IES ata a Casa da Cultura do Concello de Alfoz. Alí había unha margarida xigante nun taboleiro. Un grupo de compañeiros e compañeiras foron arrincándolle pétalos, á vez que lían un manifesto que se titulaba “Preguntáchete algunha vez se esa persoa especial te quere ou non te quere?” Para finalizar o acto, o alumnado do colexio de Alfoz cantou unha canción de Rozalén titulada “La puerta violeta” e o director do Colexio, Adrián Suárez pechou o acto cunhas palabras en repulsa contra toda manifestación de violencia.                                                                             Texto de Sara O...

4ºESO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
 O alumnado de 4º ESO únese tamén á loita contra a violencia de xénero facendo unha homenaxe a todas as víctimas neste ano 2021, na hora de titoría elaboraron unha bolboreta de papel por cada unha delas, 37 bolboretas, 37 vidas... Aquí tedes un vídeo onde se ve todo o proceso:

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Polo 25 N @s alumn@s de 1° e 2° de Valores Éticos realizaron a súa propia campaña contra a violencia de xénero gravando dous vídeos, NIN UNHA BÁGOA MÁIS e POÑAMOS PUNTO FINAL, cos que pretenden aportar o seu gran de area na loita contra esta lacra social. Aquí tedes as súas creacións: