Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O mundo que queremos

O MUNDO QUE QUEREMOS

Imaxe
  O alumnado de 4º de ESO da materia de Ética  participou na edición de  O Mundo que Queremos  que é un proxecto de Educación para o Desenvolvemento que forma parte da plataforma de innovación educativa Plan Proxecta, promovida pola Consellería de Educación. Con este proxecto preténdese explorar o potencial educativo da comunicación a través da interacción entre os centros educativos galegos participantes e iniciativas de cooperación internacional que a Xunta de Galicia apoia en países empobrecidos a través das ONGD. O fío temático do proxecto está tecido polos oito  Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio  que se presentarán nas aulas a través de talleres, obradoiros de radio e fotografía e representacións do Teatro da Oprimida. Ao noso centro tocoulle traballar no ODM 4 que é o de reducir a mortalidade infantil Todo o proceso de intercambio entre as diferentes realidades galegas e do Sur culminou na visita aos institutos de persoas do...