Publicacións

DEREITOS HUMANOS

Imaxe
 No curso 2017-2018 os alumnos de valores éticos elaboraron debuxos para ilustrar os distintos dereitos humanos e logo distribuiron polo centro os seus deseños ENLACE ÁS FOTOS

Mascarillas e dereitos humanos

Imaxe
 Os alumnos de valores de 3º e 4º ilustraron mascarillas cos 15 primeiros dereitos humanos ENLACE ÁS FOTOS

Programa Quérote+

Imaxe
O alumnado de 3º de ESO do ano 2017 elaborou este vídeo que lles serviu para explicar ao alumnado de 2º o que aprenderon durante a súa participación no Programa Quérote do Plan Proxecta. ENLACE AO VÍDEO

25N - Día Internacional contra a violencia de xénero

Imaxe
Conmemoramos este día con dous lemas " Que o silencio non sexa cómplice " e " Entre tod@s imos silenciar o ruido machista " colocando imaxes de onomatopeias que representan o ruido machista e na biblioteca colgáronse diferentes bocadillos de cómic con frases de mulleres. Tamén estreamos un vídeo gravado no curso pasado sobre as violencias ENLACE AO INSTAGRAM DA BIBLIOTECA

25 N 2019 Alfoz Valadouro

Imaxe
O 25 de novembro conmemoramos no noso centro o  Día Internacional contra a Violencia de Xénero . Todos xuntos participamos nun acto no que lembramos a cada unha das 52 vítimas deste tipo de violencia no que vai de ano en España. Podedes ver o vídeo no que se recolle o que fixemos; unha gravación realmente emotiva.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
O 25N, día en contra da violencia de xénero, o alumnado do centro respondeu á pregunta  "que é a violencia de xénero para ti?"  e, coas súas respostas, elaborouse o lazo representativo desta loita ENLACE AO VÍDEO

Violencia de xénero

Imaxe
 O 25 de novembro celebrouse o  Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller  e todos os rapaces e rapazas participaron en varias actividades. Colocáronse "zapatos baleiros" lembrando as vítimas da violencia machista, os de 1º de ESO fixeron voar os papaventos morados e laranxas que elaboraran na asignatura de Educación Plástica e Visual e por último gravouse un " mannequin challenge". ENLACE Á ACTIVIDADE CON PAPAVENTOS