O alumnado de 4º ESO únese tamén á loita contra a violencia de xénero facendo unha homenaxe a todas as víctimas neste ano 2021, na hora de titoría elaboraron unha bolboreta de papel por cada unha delas, 37 bolboretas, 37 vidas... Aquí tedes un vídeo onde se ve todo o proceso:
Inspirados na canción da Banda da loba, Fábrica de luz, o alumnado de 1º de proxecto competencial e os de 4º de valores éticos elaboraron unhas bombillas con nomes de mulleres que consideran un referente ou unha luz na súa vida. Aquí tedes un vídeo onde se recolle todo o proceso:
Comentarios
Publicar un comentario