Publicacións

8M 2022

Imaxe
   Este 8 de marzo de 2022 realizamos, co alumnado de 1ºESO de valores éticos, un vídeo no que vos invitamos a celebrar o día da muller con nós!!!

4ºESO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
 O alumnado de 4º ESO únese tamén á loita contra a violencia de xénero facendo unha homenaxe a todas as víctimas neste ano 2021, na hora de titoría elaboraron unha bolboreta de papel por cada unha delas, 37 bolboretas, 37 vidas... Aquí tedes un vídeo onde se ve todo o proceso:

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imaxe
Polo 25 N @s alumn@s de 1° e 2° de Valores Éticos realizaron a súa propia campaña contra a violencia de xénero gravando dous vídeos, NIN UNHA BÁGOA MÁIS e POÑAMOS PUNTO FINAL, cos que pretenden aportar o seu gran de area na loita contra esta lacra social. Aquí tedes as súas creacións:

Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia

Imaxe
 Polo Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia o alumnado de 3º e 4º da ESO realizaron debuxos para facer chapas e imáns e así unirse á campaña.  Aquí podedes ver como locen algúns dos seus diseños nas neveiras da súas casas.   ENLACE ÁS FOTOS

A PORTA VIOLETA

Imaxe
Pola conmemoración do día da muller parte do alumnado de valores éticos, inspirados na canción de Rozalén, pintou unha porta violeta como metáfora do feminismo, como símbolo da igualdade que se reivindica neste día, unha porta que se a atravesamos nos fará a todas e a todos máis libres. No vídeo utilizamos  a versión en galego da canción de Rozalén  interpretada por Son de Cabana. ENLACE PARA O VÍDEO  

DEREITOS HUMANOS

Imaxe
 No curso 2017-2018 os alumnos de valores éticos elaboraron debuxos para ilustrar os distintos dereitos humanos e logo distribuiron polo centro os seus deseños ENLACE ÁS FOTOS

Mascarillas e dereitos humanos

Imaxe
 Os alumnos de valores de 3º e 4º ilustraron mascarillas cos 15 primeiros dereitos humanos ENLACE ÁS FOTOS