Polo 25 N @s alumn@s de 1° e 2° de Valores Éticos realizaron a súa propia campaña contra a violencia de xénero gravando dous vídeos, NIN UNHA BÁGOA MÁIS e POÑAMOS PUNTO FINAL, cos que pretenden aportar o seu gran de area na loita contra esta lacra social. Aquí tedes as súas creacións:
Co gallo do 25N, o alumnado e profesorado do IES Alfoz – Valadouro organizamos, xunto co colexio de Alfoz, un acto commemorativo en contra da violencia de xénero. Consistiu nunha andaina desde o IES ata a Casa da Cultura do Concello de Alfoz. Alí había unha margarida xigante nun taboleiro. Un grupo de compañeiros e compañeiras foron arrincándolle pétalos, á vez que lían un manifesto que se titulaba “Preguntáchete algunha vez se esa persoa especial te quere ou non te quere?” Para finalizar o acto, o alumnado do colexio de Alfoz cantou unha canción de Rozalén titulada “La puerta violeta” e o director do Colexio, Adrián Suárez pechou o acto cunhas palabras en repulsa contra toda manifestación de violencia. Texto de Sara Otero Pérez e Noelia Paz Blanco
Pola conmemoración do día da muller parte do alumnado de valores éticos, inspirados na canción de Rozalén, pintou unha porta violeta como metáfora do feminismo, como símbolo da igualdade que se reivindica neste día, unha porta que se a atravesamos nos fará a todas e a todos máis libres. No vídeo utilizamos a versión en galego da canción de Rozalén interpretada por Son de Cabana. ENLACE PARA O VÍDEO
Comentarios
Publicar un comentario